Un grupo de voluntarias crea “Bigotes Felinos de Poio” para protexer e mimar aos gatos abandonados do municipio

POIO> Un grupo de voluntarias puxo en marcha hai uns días a iniciativa “Bigotes Felinos de Poio”. O obxectivo deste proxecto é axudar e protexer aos gatos abandonados do municipio. O colectivo pide a axuda de toda a cidadanía para poder atopar casas de acollida para estes animais.

Elas son algunhas das voluntarias que están detrás desta iniciativa. “Bigotes Felinos de Poio” naceu co obxectivo de coidar e protexer aos gatos abandonados do municipio, alimentando ás colonias que existen actualmente no Concello e buscándolles un fogar.

A implicación cidadá é fundamental para que esta iniciativa siga medrando. Unha das intencións deste colectivo é poder conseguir, nun futuro, casas de acollida para os gatos abandonados do Concello, pero para iso é necesario a axuda de toda a veciñanza.

Esa falta de medios que presenta actualmente este colectivo impídelles actuar como unha asociación e, polo tanto, realizar recollidas de gatos no municipio.

Pero se hai un obxectivo claro é a importancia de que se implante o CES no Concello de Poio para realizar unha xestión ética das colonias do municipio.

Coa intención de que se implante o programa CES en Poio, este grupo de voluntarias está a realizar unha recollida de firmas. Todos os que queiran participar, poderán facelo a través do Facebook deste colectivo ou achegándovos a algún dos comercios que colaboran coa iniciativa. En Pontevedra, están por exemplo a Mercería Fíos da Avendia de Vigo, a tenda Hipermascota de Eduardo Pondal ou o comercio de Pequeñitos y Adorables. En Poio, podedes achegarvos tamén á Cafetería Miami ou ao Bar Arroyo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí