O artista de Combarro, Miguel Martínez, representará a España no Festival Internacional Punta de Leste

Pontevedra>  Abrázame, do artista de Combarro Miguel Martínez, será o tema que levará a España ao sétimo Festival Internacional Punta de Leste, que se celebrará en Uruguai no mes de novembro. Esta mañá o intérprete e compositor do tema e o alcalde de Poio presentaron o videoclip desta peza e todos os detalles sobre este festival no que participarán 20 artistas a nivel mundial.

Con este tema Miguel Martínez defenderá a España na sétima edición do Festival Internacional Punta de Leste que se celebrará no mes de novembro en Uruguai.

Os días 22 e 23 de novembro terán lugar as semifinais e o día 24 a gran final, para Miguel participar nesta cita, con 20 artistas a nivel internacional é todo un luxo. Unha cita á que chegaron 780 cancións entre ás que o seu Abrázame foi seleccionado. Numerosas empresas participan na colaboración e axuda a Miguel para formar parte deste Festival, e o concello tamén aporta o seu gran de area para esta cita a nivel internacional que situará ao concello de Poio e a Combarro no mapa.

A finais do mes de novembro coñeceremos se Miguel volve a Combarro sendo o número un, pero como ben di Miguel chegar a semifinal dun evento destas características xa é todo un premio e un luxo dentro da súa profesión.