Comeza a desescalada nas Rías Baixas coa reapertura da hostalaría

RÍAS BAIXAS> Galicia, de novo na desescalada. A partir deste venres reabrirá a hostalaría en todo o país dun xeito gradual. Establécense diferentes aforos e número de comensais por mesa en función da situación epidemiolóxica de cada concello. Imos facer un repaso pola nosa contorna, para ver como queda cada municipio.

Ás portas da Ponte da Constitución, Galicia inicia de novo a desescalada por etapas. A partir do venres, reabre a hostalaría en todo o territorio e se permitirán as reunións con non conviventes, tamén dentro das vivendas.

Segundo Feijóo, cada grao de apertura vén baseado en diferentes criterios técnicos.  No nivel de máxima restrición sitúanse a améndoa perimetral  de Pontevedra, Poio e Marín, a que compoñen O Grove e Sanxenxo, e Cambados de xeito individual.

O seguinte nivel de restrición, o medio-alto, aplicarase na nova améndoa perimetral composta unicamente por Vilagarcía e Vilanova e a creada hai tan só uns días de Meis, Ribadumia e Meaño, municipios que levan tan só unha semana coa hostalaría pechada.

No nivel medio atópanse concellos que ata o momento estaban pechados perimetralmente con Pontevedra: Barro, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior.

Por último, o nivel de restrición básico, sen limitación de mobilidade, no que a hostalaría quedará cun 50% de aforo en interior e cun 75% no exterior, cun máximo de seis persoas conviventes ou non conviventes. Estas medidas aplicaranse a tódolos concellos do país que non figuren no resto de niveis. Para o presidente da Xunta, este complexo plan de desescalada, dá resposta á proposta do sector.

A mobilidade interna mantén o criterio actual: nas zonas con máximas restricións debúxase un perímetro do que só se poderá entrar ou saír por razóns xustificadas. Ademais, queda restrinxida a mobilidade con Portugal ata o día 9.

Todos estes cambios entrarán en vigor ás na medianoite do xoves ó venres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí