PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra reformará a Praza de Barcelos. O goberno municipal traballa xa nun novo proxecto que sairá á luz a finais de ano e que nacerá para solucionar os problemas que presenta actualmente dito espazo. Os principais obxectivos serán reorganizar as distintas áreas e mellorar os itinerarios peonís.
Co obxectivo de solucionar os problemas que presenta actualmente esta praza, o Concello de Pontevedra presentará a finais de ano un novo proxecto de reforma. O obxectivo principal é mudar a fisionomía deste espazo para tratar de crear unha praza máis aberta e atractiva.
Entre os problemas rexistrados actualmente na praza destaca, por exemplo, o estado da pavimentación, a mala distribución das diferentes zonas de xogo e falta de conexión entre o tráfico rodado e a circulación peonil.
Coa intención de favorecer a actividade económica dos negocios desta praza, o Concello estudará tamén a opción de reducir a zona de uso dos vehículos. Algo que podería traer aparellado a eliminación do dobre sentido de circulación.
Por último, no interior da praza, o Concello tratará de modernizar as bocas de entrada ao aparcamento subterráneo e, posiblemente, elimine o quiosco.