NOIA> Noia acollía esta mañá o acto de presentación oficial da ferramenta que permitiu a implantación das cartas dixitais nos establecementos hostaleiros da Ría da Estrela. A proposta conta co financiamento da Deputación da Coruña.
A cooperación entre os concellos da Ría da Estrela e a Deputación da Coruña permitiu a implantación destas cartas dixitais nos locais hostaleiros da comarca. A ferramenta xa vén funcionando con notable éxito nuns 60 establecementos contribuíndo a convertela nun destino seguro.
O acto contou tamén coa presenza do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, entidade que financiou o 80% do custe da implantación destes menús dixiais a través dunha aplicación online, dentro da liña de apoio a entes de xestión de destinos.
O uso desta nova ferramenta é sinxelo, e o cliente accede ós menús de cada establecemento mediante un código QR, eliminando o uso das cartas dos menús físicas, evitando así unha posible vía de transmisión da covid.
Calquera hostaleiro da comarca pode beneficiarse do Emenú Ría da Estrela, solicitando a súa adhesión ó programa.