Folga en Froiz Mar reclamando ‘horarios laborais dignos’

POIO> Os traballadores de Froiz Mar, plataforma que se encarga da distribución de peixe e marisco nesta cadea de supermercados, convocan unha folga de tres días para a semana que vén. Reclaman uns horarios nos que se respecte o descanso semanal de 48 horas ininterrompidas. A CIG propón a creación dun sistema rotatorio de quendas para que os 30 empregados afectados poidan descansar por igual.

Froiz Mar ten a súa sede aquí en Poio, pero o seu centro de operacións no porto de Vigo. Trátgase da plataforma loxística do grupo para a distribución de peixe e marisco fresco. Os seus 30 traballadores están chamados á folga para os días 10, 11 e 12 deste mes reclamando horarios laborais dignos. A CIG denuncia que a empresa non está respectando os seus descansos semanais.

Na CIG indican que os primeiros intentos de negociar coa empresa non deron resultado. A central nacionalista denunciou a situación no pasado mes de decembro en inspección de traballo que, a continúan, emite un informe onde require a implantación duns novos horarios. A nova proposta non gustou ó sindicato.

Polo que eles propoñen un sistema rotatorio de quendas entre todo o cadro de persoal.

De memonte, segundo a CIG, a actitude da empresa non é a máis positiva para tentar chegar a acordo. Porén, confían en que a convocatoria do paro de tres xornadas sirva para que a dirección reaccione e, polo menos, comece a negociar por fin unhas condicións que non discriminen a unha parte dos operarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí