POIO> Esta fin de semana Poio celebra a súa Festa do Mar. Unha cita que inclúe na súa programación o Armadiña Rock. O festival regresa neste 2021 adaptándose á situación sanitaria. Non haberá acampada, pero si música. Todos os concertos serán de grupos galegos e celebraranse na Praza da Chousa, nun espazo acotado con 300 cadeiras.
O Armadiña Rock volve neste 2021 para poñer o punto cañeiro á Festa do Mar de Poio. Os concertos comezarán mañá pola noite, con Monoulious DOP e The Tetas’ Van, mentres que o sábado será a queda de Cuarta Xusta e Dakidarria.
Os concertos centrais complementaranse con outras actividades para os máis cativos. Mañá pola mañá celebrarase un obardoiro de instrumentos tradicionais e o sábado os encargados de poñer ritmo á sesión infantil serán Pakolas e Laura Romero na praza da Chousa ás 7 da tarde.
Na súa programación o Armadiña inclúe diferentes pasarrúas para animar durante as dúas xornadas todas as rúas de Combarro. Tamén repite o seu concurso de decoración.
Os organizadores explicaron que contan coa colaboración de Protección Civil e Policía Local de Poio para controlar que se cumpren todas as medidas anticovid e evitar aglomeracións nos arredores dos espazos acotados dos concertos.