O BNG levará ó Parlamento unha emenda para buscar alternativas ó trazado da variante de Ribeira

RIBEIRA> Os nacionalistas defenden a necesidade dunha circunvalación pero non cun custo medioambiental e social tan alto.

A través do deputado Xosé Luís Rivas ‘Mini’, o BNG presentou unha emenda á proposición non de lei do Grupo Popular sobre a construción da variante de Ribeira. Os nacionalistas propoñen un trazado alternativo, aproveitando a estrada CP-7301 que xa circunvala o municipio pola contorna de San Roque. entenden que a mellora da capacidade desta vía sería suficiente para desvíar o tráfico do casco urbano cun moito menor impacto visual e medioambiental así como un importante aforro para as arcas públicas.