As obras no CEIP de Palmeira impiden iniciar o curso con seguridade

RIBEIRA> A ANPA do CEIP de Palmeira denuncia a inseguridade de volver ó colexio ante as obras que se están a acometer no centro educativo. Os pais din que as instalacións non reúnen os mínimos requisitos para garantir o benestar dos cativos polo que solicitaron un aprazamento do inicio das clases ante a Consellería de Educación.

Á incerteza desta atípica volta ó cole por mor do coronavirus, os pais dos alumnos do CEIP de Palmeira contan cunha preocupación aínda maior. as obras que se están a acometer no centro non garante un entorno seguro para que os cativos podan voltar ás aulas.

Aulas sen chan, fiestras seladas e numerosos andamios no exterior son só unha mostra de como se atopa o colexio a dous días da súa apertura.

A dirección do colexio solicitou un aprazamento do inicio da actividade lectiva que foi denegado por Educación. Ante isto, foi a ANPA a que remitiu un escrtio á Consellería manifestando a súa intención de non levar ós nenos a clase ata que rematen as obras e sexa posible facer uso das instalacións aplicando os protocolos anti-covid.

Agardan que a finalización das obras non se demore máis alá dunha semana posto que os pais non levarán ós nenos ó colexio ata que poidan facelo en condicións de total seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí