Xosé Manuel Vilas e Ciprián Rivas, percebeiros de honra de Aguiño

RIBEIRA> Xosé Manuel Vilas e Ciprián Rivas serán os percebeiros de honra na vixésimo sétima edición da Festa do Percebe de Aguiño. Os galardóns serán entregados o próximo dous de agosto durante a celebración da exaltación gastronómica.

A confraría de Aguiño perfila os últimos detalles da festa do percebe que se celebrará o domingo 2 de agosto no peirao da localidade. Esta mañá, os responsables do pósito e do concello de Ribeira daban a coñecer o nome dos dous homenaxeados que serán distinguidos como percebeiros de honra na vixésimo sétima edición da festa declarade de interese turístico galego.

Ademais da entrega de galardóns, durante a xornada terá lugar a tradicional degustación gastronómica de percebe nunha carpa instalada no peirao de Aguiño. Os interesados en asistir xa poden adquirir os tickets de xeito anticipado para evitar colas.

O prezo das racións manterase en 20 euros, ó igual que na pasada edición,  unha contía do máis modesta para poder degustar un percebe de primeira extraído entre Punta Falcoeira e Río Sieira. A organización prevé repartir unha tonelada de marisco