A residencia de Ribeira redobra esforzos para manter a calidade asistencial ós usuarios

RIBEIRA> Nun momento no que as residencias de maiores están baixo a lupa, non está de máis recoñecer o gran labor que realizan estes centros para manter a calidade de vida dos maiores. Achegámonos ata a residencia de Ribeira con máis dun cento de usuarios e ningún contaxio.

Ó igual que o resto da poboación, os cento seis usuarios da residencia de Ribeira viron alterada a súa rutina diaria dende que se decretou o estado de alarma. Minimizáronse os contactos e reorganizouse a distribución de residentes por plantas para cumprir cos protocolos de prevención. Todo grazas ó inestimable esforzo do persoal que nestes días mesmo se veu reforzado para garantir a mellor asistencia ós residentes.

Aínda que a falla de contacto co exterior e a ausencia de visitas faise notar, os coidadores esfórzanse para paliar esta situación. Os residentes reciben, a través de videochamadas,  a visita virtual dos seus familiares cos que o centro mantén unha comunicación constante para informar do estado de tódolos usuarios.

Á espera de reencontrase coas súas familias, os traballadores da residencia convértense no seu mellor apoio emocional e físico. Con enorme dedicación, coidan,escoitan e acompañan ós máis vulnerables ante esta pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí