BARBANZA> A área sanitaria Santiago –Barbanza cóbrase unha nova vítima mortal máis por covid. Trátase dun varón de 90 anos, con patoloxías previas, que estaba ingresado Clínico de Santiago. Convértese así no segundo falecido nesta área dende que se iniciaron os abrochos. O primeiro rexistrábase o pasado xoves. En canto ós casos activos elévanse xa ós 688, quince máis que o pasado venres. O número de ingresos aumenta tamén en cinco casos máis con respecto a esa data. Hoxe xa son 18 os pacientes hospitalizados, cun único caso na unidade de críticos. Polo que se refire ó número de altas, xa son preto das 2.100, as persoas que superaron a enfermidade e as PCR realizadas xa suman 56.458 dende o inicio da pandemia, 527 delas nas últimas horas.
Inicio BARBANZA