Ribeira declara dous días de loito oficial e convoca unha concentración polo crime machista

RIBEIRA> O concello de Ribeira celebrou este mediodía un pleno extraordinario para declarar dous días de loito oficial. O alcalde dou lectura a unha declaración institucional en repulsa a este crime machista amosando o apoio de toda a corporación á familia da vítima.

Bandeiras con crespón negro e tódolos actos oficiais suspendidos ata o venres como mostra de condolencias polo asasinato de Andrea Yturry. O concello de Ribeira declarou dous días de loito oficial e a corporación aprobou unha declaración institucional nun pleno extraordinario celebrado este mediodía rexeitando este crime machista que sacudiu a todo o municipio.

O concello convocaba tamén para esta tarde unha concentración ás oito do Malecón de Ribeira animando ós veciños a sumarse a esta protesta silenciosa en contra da violencia de xénero. A sesión rematou cun minuto de silencio en memoria da vítima.