Arde un turismo mentres circulaba pola avenida do Malecón

RIBEIRA> Gran susto o que se levaron os dous ocupantes dun vehículo que circulaba esta mañá pola avenida do Malecón, en pleno casco urbano de Ribeira.

O turismo comezou a arder por causas polo de agora descoñecidas. Foron os propios viandantes que se atopaban pola zona, así como outros condutores, os primeiros en colaborar coa extinción do lume.

A virulencia das lapas era tal que era imposible apagar o incendio. Foi precisa a chegada ó lugar dos numerosos medios de emerxencias, tanto o GAEM como tamén do parque de Bombeiros e das policías Nacional, Local e Portuaria para proceder á súa extinción definitiva.

Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Os dous ocupantes do vehículo sinistrado puideron saír polo seu propio pé. Aínda así os danos materiais no turimso foron cuantiosos, quedando totalmente destrozado.

Ademais do vehículo en cuestión, resultadon tamén parcialmente danados unha furgoneta da Asociación Agadea e outro turismo que estaban estacionados nas inmediacións.

A consecuencia do incendio o tráfico na zona tivo que ser desviado polo interior do porto e pola rúa Canarias mentres non se procedeu a retirada do vehículo e á limpeza da vía