Rematan as obras do módulo cuberto de atletismo da Fieiteira

RIBEIRA> Rematadas as obras do novo módulo cuberto de atletismo da Fieteira. O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Deportes supervisaron esta mañá o resultado dos traballos xunto cos arquitectos responsables do proxecto que veñen de asinar o certificado de fin de obra.

Nas próximas semanas entrará en servizo o novo módulo cuberto do complexo deportivo da Fieteira. As instalacións contan cunha zona de adestramento para carreira e salto mentres que o primeiro andar albergará un cento de tecnificación de deportes de contacto.

A ampliación do complexo deportivo, que co novo módulo abrangue unha superficie de 2400 metros cadrados, foi cofinanciada pola Xunta e o concello.

Para a súa posta en marcha, o concello está a explorar vías de colaboración con varias entidades para dotar de equipamento o centro de taekwondo. Non é a única actuación en materia deportiva posto que o executivo xa está a traballar nun proxecto de mellora da pista exterior de atletismo para a que precisará da colaboración doutras administracións.