Seguen a descender os casos activos de coronavirus na área sanitaria Santiago-Barbanza

BARBANZA> Continúa a tendencia á baixa dos casos activos de coronavirus na área sanitaria Santiago Barbanza cun total de seiscentos cincuenta e oito, un menos ca onte.

Pola contra, medra a cifra de pacientes hospitalizados que ascende a dezanove, todos eles no Clínico de Santiago, dos que dous se atopan na unidade de críticos.

Nas últimas vinte e catro horas déronse sesenta e nove altas co que o número total de curados elévase a dous mil douscentos setenta e seis dende o inicio da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí