BOIRO> O equipo de remo integrado por usuarios de AMICOS debutará este domingo no Campionato Galego de Remoergómetro que se celebrará en Boiro. A iniciativa partiu do Club de Remo Cabo de Cruz e conta coa colaboración de Jealsa.
Carol, Maca, Adrián e Miguel compoñen o club de Remo Cabo Inclusión que se estreará este domingo no campionato galego de Remoergómetro. Levan meses adestrando duro da man de Gustavo, do Club de Remo Cabo de Cruz, co obxecitvo de acadar os mellores resultados na cita deportiva que se celebrará no pavillón da Cachada.
Esta colaboración entre AMICOS, entidade da que forman parte os catro deportistas,e o club de remo conta tamén co apoio de ealsa, patrocinador do equipo a través do seu programa de responsabilidade social corporativa WeSea.
Esta mañá selaron esta colaboración coa sinatura dun convenio que plasmaron de xeito simbólico sobre unha gornonia, un tipo de coral que AMICOS está a recuperar a través dun programa de formación medioambiental.











