O patrón maior de Aguiño buscará a mellora dos recursos que explota a confraría

RIBEIRA> Tras ser reelixido patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría xa traballa coa vista posta no futuro. A explotación comercial de novas especies e a recuperación de varios bancos de ameixa son algúns dos proxectos a medio prazo. O principal obxectivo é mellorar os recursos cos que traballa a confraría. A incorporación das algas para a súa explotación comercial e a recuperación da ameixa babosa en zonas como Sálvora e O Castro centran os principais retos de futuro. A rexeneración destas zonas é máis complicada debido á dificultade de sementar a flote. Dende a confraría continuarán coas tarefas de arado e limpeza de fondos para incrementar a producción. Ademais destes proxectos, a nova directiva seguirá a traballar para mellorar a rendibilidade das especies que na actualidade maís ingresos reportan á confraría. Entre elas o percebe, a navalla e o ourizo.