RIANXO> A actuación, que será financiada con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña, ascende a uns 135 mil euros.
Con máis retraso do inicialmente previsto, o executivo rianxeiro vén de sacar a licitación as obras de saneamento no núcleo de Foxacos, na parroquia do Araño.
O proxecto, que permitirá dar servizo a uns 35 veciños, será financiado pola Deputación da Coruña con cargo ás obras do Plan Único por un importe duns 135 mil euros.
Trátase dun proxecto singular, semellante ó que se desenvolveu na aldea de Cerqueiras, a través dun sistema de depuración autónomo.
Dende o Concello apuntaron a que o inicio das obras será inminente, xa que a empresa adxudicataria dispón de tódolos permisos necesarios para poder executala. É un paso máis cara o saneamento integral do municipio.
Nos próximos meses o Concello ten intención de sacar tamén a licitación outros proxectos importantes como é o caso da primeira fase do saneamento de Burés, ademais do de Vilas, Pousada e Quintáns.