RIBEIRA> Por segundo ano consecutivo o colexio O Grupo de Ribeira celebrou un mercadiño solidario. Nesta ocasión desenvolveuse na Praza do Concello. Os rapaces instalaron varios postos nos que repartían libros a cambio de alimentos.
O CEIP O Grupo, en colaboración coa rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, da que forma parte, e a ANPA Santa Uxía, celebraron esta mañá un mercadiño solidario. Por unas horas os rapaces cambiaron as aulas pola rúa. Na praza do Concello instalaron varios postos nos que se repartían libros a cambio de alimentos non perecedoiros.
Dende o centro educativo, con esta iniciativa, que forma parte tamén da Xuño da Cultura e as Artes, pretenden sensibilizar ós nenos da realidade social que lles rodea, transmitíndolle unha educación en valores como a solidariedade.