Aprobada inicialmente a ordenanza para a instalación de terrazas en Boiro

BOIRO> A corporación boirense celebrou onte pola noite a sesión ordinaria correspondente ó mes de setembro. Durante a mesma procedeuse á aprobación da actual ordenanza para a instalación de terrazas. Un punto que saíu adiante cos votos a favor do PSOE, BNG, Iniciativa Cidadá e Ciudadanos; e a abstención de Partido Popular e Boiro Novo.

A modificación da ordenanza municipal para a instalación de terrazas foi un dos trece puntos incluídos na orde do día. O equipo de goberno decidiu levalo a pleno para dar resposta ós intereses da cidadanía e á actividades hostaleiras, así como clarificar os procesos de solicitude, autorización e pago das taxas correspondentes. A anterior databa de abril de 2010. Para unha mellora xeral propóñense unha serie de modificacións para as que se tiveron en conta propostas dos propios hostaleiros, que fixeron chegar a través da Asociación Boirense de Empresarios; normas de accesibilidade que non se tiñan en conta na actual Ordenanza, e medidas excepcionais como os xurdidas a raíz da pandemia da covid.

O punto saiu adiante cos votos a favor de PSOE, BNG, Iniciativa Cidadá e Ciudadanos; e a abstención de Partido Popular e Boiro Novo.

Na sesión tamén se abordaron outros asuntos de interese como foi a aprobación inicial da ordenanza de circulación que saiu adiante co respaldo de tódolos grupos a excepción do PP que se abstivo, así como a modificación do regulamento do consello escolar municipal. Un punto este que foi aprobado por unanimidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí