Os gañadores do concurso de embelecemento da Pobra recibiron as súas cestas de Nadal

A POBRA> O concurso de embelecemento de balcóns e fachadas da Pobra xa ten gañadores. Os propietarios das cinco vivendas premiadas recolleron cadansúa cesta de Nadal, valora en 300 euros.

A Concelleira de Promoción Económica, Charo Varela, entregou as cestas de Nadal ós gañadores do concurso de embelecemento de balcóns e fachadas. O concello da Pobra convocou, por segundo ano consecutivo, este certame co obxectivo de contribuír a adornar todo o municipio con decoración de Nadal.

Para incentivar a participación, entrégase un premio por cada parroquia consistente nunha cesta de Nadal valorada en 300 euros integrada por produtos do comercio de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí