A noite de San Xoán deixa un regueiro de incidencias en Rianxo

RIANXO> O máis destacable unha persecución de película pola autovía a un vehículo que se deu á fuga nun control policial. A Policía Local tamén tivo que acudir a Campo Maneiro, en Taragoña, onde uns descoñecidos realizaron estragos cunha pá-escavadora, ó paracer, ‘collida prestada’ dunha obra na localidade boirense de Bealo.

Por todos é sabido que se trata dunha noite na que se producen numerosas trasnadas, sobre todo co mobiliario urbano. Para evitar que isto ocorra, a maioría dos concellos xa toman medidas de control ante posibles incidencias que se poidan producir. É o caso de Rianxo que reforzou o servizo deste noite da Policía Local cunha ducia de axentes. E ben que fixo falla. Os municipais tiveron que desprazarse ata Campo Maneiro, en Taragoña, alertados pola presenza dunha pá-escavadora facendo estragos no campo da festa. Fora collida prestada nunha obra en Bealo. A uns cinco quilómetros de onde apareceu, aproximadamente.

Non foi o único incidente. Os axentes tiveron que perseguir tamén durante uns quilómetros a un vehículo pola autovía que esquivara previamente un control policial

tamén resultou mal parado outro condutor, o que os axentes chegaron a denunciar ata tres veces. Xa reincidente, e enfróntase a varias multas e sancións por condución temeraria, desobediencia e estacionar o seu vehículo nunha zona reservada para persoas con discapacidade na praia da Torre.

Durante a noite tamén se produciron incidentes no paseo marítimo, coa queima de papeleiras e destrozos na escultura da Santa Compaña de Nuco Losada.