Chega unha nova edición da mostra de Teatro de Ribeira

RIBEIRA> Chega unha nova edición da mostra de teatro de Ribeira. Esta mañá presentábase a programación que prevé un total de dez representacións dende outubro a decembro. A Mostra arrancará o sábado 9 de outubro co monólogo de Manuel Manquiña: ‘Relatos Negros’.

A edil de Cultura, Mariola Sampedro, presentaba esta mañá a Mostra de Teatro, un dos fixos da programación cultural de Ribeira. desenvolverase do 9 de outubro ó 12 de decembro no auditorio Municipal.

Como vén sendo habitual dende a chegada da covid para a organización deste tipo de eventos, o certame terá límite de ocupación.

A venda de entradas e bonos realizarase a partir do vindeiro luns, na Oficina de Atención Cidadá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí