O Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro duplica a súa dotación económica

POBRA> Esta mañá presentábase a a cuarta edición do certame, organizado polo Concello, en colaboración coa Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia. Os traballos poderán presentarse ata o 30 de outubro.

Despois de quedar deserto na súa última edición, debido a que o xurado considerou que  ningún dos traballos presentados merecía o galardón, o Concello da Pobra decidiu este ano aumentar a contía do premio, pasando dos 1.500 euros ós 3000. Trátase dalgunha forma de dar un maior prestixio a un certame literario que xa de por si é un dos de maior referencia actualmente en Galicia.

Na presentación deste premio literario, que xurdiu como homenaxe ó escritor local, Carlos Mosteiro, ademais de servir de promoción a  novos autores en lingua galega de literatura infantil, participaron tamén o presidente de Barbantia, Manuel Cartea, e a propia viúva do escritor, Lourdes Briones.

O prazo de presentación dos traballos prolongarase ata o 30 de outubro. Un mes despois, o xurado dará a coñecer o nome do gañador e en decembro celebrarase o acto entrega do premio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí