Médicos do Hospital do Barbanza denuncian a falla de persoal no servizo de Urxencias

RIBEIRA> A CIG-Saúde denuncia a situación de precariedade que se está a dar no servizo de Urxencias do Hospital do Barbanza. Tralas recentes oposicións e concursos de traslados, cinco médicos deixaron o servizo e tan só se incorporaron tres profesionais, un deles con redución de xornada.

Xa non partían dunha situación idónea posto que o número de médicos cos que contaba o servizo de Urxencias do Barbanza impedía completar as quendas de seis profesionais en horario diurno e dous en nocturno, polo que se vían obrigados a facer entre 24 e 36 horas mensuais a maiores. Sen embargo, as recentes oposicións e concursos de traslados mermaron aínda máis o cadro de facultativos, coa marcha de 5 persoas ás que hai se sumar unha baixa de longa duración. Ata o momento tan só se incorporaron tres novos médicos, un deles con redución de xornada.

A xerencia confirmoulles que mañá está prevista a incorporación doutro médico en Urxencias polo que, aínda así, estarían cun profesional menos que inicialmente.

Dende a ampliación do servizo de urxencias, os sindicatos solicitaban tanto o incremento de persoal como de prazas de hospitalización posto que a falla de camas en planta impedía o drenaxe das urxencias chegando a producirse situacións de colapso en momentos puntuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí