O PBBI insta ó concello a crear novas prazas de aparcamento nas inmediacións do colexio de Castiñeiras

RIBEIRA> O Partido Barbanza Independente de Ribeira urxe ó Concello a realizar a adquisición dunha parcela situada no entorno do colexio Sagrado Corazón, na parroquia de Castiñeiras. Dende a formación indican que a compra deste terreo permitiría a creación dun gran bolsa de aparcamento e viría a mellorar tamén os accesos da parroquia.

A solicitude que agora fai o Partido Barbanza Independente responde a unha demanda de antigo dos veciños desta parroquia.  A diario, durante as horas de entrada e saída ó colexio Sagrado Corazón, prodúcense embotellamentos na zona debido á falla dun espazo de estacionamento para vehículos. Un problema que se agrava aínda máis os días de chuvia.

Dende a formación aluden a que este espazo podería ser empregado tamén na época estival como lugar de aparcamento para os usuarios do areal e tamén durante a celebracións das festas e outros eventos. A adquisición da parcela contribuiría tamén a mellorar o acceso a distintos puntos da parroquia como é o caso da rúa Camiño da Auga ou Fonterramil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí