A “emerxencia literaria” será a gran protagonista do XXII Salón do Libro de Pontevedra

PONTEVEDRA> A décimo segunda edición do Salón do Libro de Pontevedra xa ten data. A cita terá lugar do 5 ao 21 de marzo de 2021. Un evento moi agardado na cidade e que este ano sufriu de cheo as consecuencias da crise da Covid. O lema desta celebración será “Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta”.

O Concello de Pontevedra comeza a preparar xa o vindeiro Salón do Libro. Tras o inconvenientes  sufridos este ano pola crise da Covid, o goberno local pon xa o foco na décimo segunda edición. Un evento que terá lugar do 5 ao 21 de marzo e cuxo lema será “Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta”.

Como este ano non se puido facer a homenaxe que se merecían, Kiko Dasilva e Helena Villar Janeiro volverán a ser as figuras homenaxeadas na vindeira edición.

Co obxectivo de adaptar o Salón á nova normalidade, o Concello tratará de mesturar as actividades presenciais coas virtuais.

O evento que máis man botará das novas tecnoloxías será o Congreso de Mediación Lectora. O formato será virtual para así poder contar co maior número de asistentes posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí