Daniel García asumirá a presidencia da ABE durante os próximos dous anos

BOIRO> Daniel García Dosil asumirá a presidencia da Asociación Boirense de Empresarios. Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a súa foi a única formalizada para concorrer á elección. Tan só será preciso a ratificación por parte dos socios na asemblea que se celebrará este xoves.

Óscar España terá finalmente sucesor á fronte da Asociación Boirense de Empresarios. RTras un longo proceso no que foi necesario reabrir o prazo ante a falla de candidaturas, Daniel García Dosil decidiu dar o paso e postularse como novo presidente da patronal.

Entre os obxectivos a curto prazo, o futuro presidente optará por seguir a dinamizar a vida comercial e empresarial a través de diversas iniciativas e campañas promocionais.

Dado que foi a única candidatura presentada non será preciso votar e tan só deberá ser ratificado polos socios. na asemblea prevista para mañá ás oito e media na sede da ABE. Ademais da elección do novo presidente no encontro darase conta das actividades realizadas ó longo do pasado ano así como algunha das previstas para este exercicio.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí