PORTO DO SON> Despois da reforma efectuada na rúa da Roda, o Concello está a desenvolver a recuperación da rúa da Atalaia, por un importe de máis de 182 mil euros. A obra que se está a desevolver actualmente na rúa da Atalaia forma parte dun proxecto de maior envergadura que ten coma principal finalidade a recuperación da antiga alameda, a carón do Concello. Despois dunha primeira actuación realizada na rúa da Roda, o executivo local prosigue co seu empeño de acondicionar esta zona de gran atractivo na vila. A actuación supón un investimento de 182 mil euros. A idea do executivo pasa por cambiar tamén no futuro máis inmediato a zona adoquinada existe a carón da capela da Atalaia. A actuación inclúese tamén no plan de eliminación de barreiras arquitectónicas, no que o Concello conta co asesoramento de Cogami.
Inicio BARBANZA