A oposición frustra un novo intento de incluír a sala de fitness da Cachada no POS +

BOIRO> Non houbo sorpresas no pleno extraordinario convocado polo goberno boirense para tentar aprobar dous proxectos rexeitados na última sesión ordinaria. Tal e como anunciaran, os grupos da oposición volveron votar en contra da ampliación da sala de fitness da Cachada con cargo ó POS da Deputación. Si saíu adiante o proxecto educativo do Consello Escolar Municipal que, desta volta, votouse por separado das propostas culturais.

PP e BNG mantiveron o sentido do seu voto e non apoiaron a ampliación da sala fitness do complexo deportivo da Cachada con cargo ó POS + da Deputación da Coruña, a pesar dos chamamentos do grupo de goberno para apoiar a proposta e evitar así a perda destes fondos.

Ámbolos dous grupos da oposición insistiron en que os fondos do plan provincial deberían ir destinados a servizos básicos que beneficien a tódalas parroquias como as melloras na redes abastecemento e saneamento.

Con respecto á solicitude de crédito para financiar proxectos culturais e educativos, votáronse as dúas propostas por separado.

As propostas formuladas polo Consello Escolar Municipal saíron adiante por unanimidade mentres que o proxecto cultural quedou quedou sobre a mesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí