O BNG de Boiro volve a denunciar o abandono das instalacions da piscina

BOIRO> Os nacionalistas recollen o malestar de numerosos usuarios que se queixan do deficiente mantemento por parte da empresa concesionaria. Non é a primeira vez que o BNG denuncia a situación de abandono na que se atopan as instalacións da piscina municipal da Cachada. Culpan desta situación directamente á empresa concesionaria da mesma que non mantén en bo estado as instalación nin tampouco renova o material cando se queda obsoleto, co conseguinte prexuízo para os usuarios. Piden unha intervención do Concello para obrigar á empresa a que manteña en bo estado as instalacións.