GALICIA> Pesimismo en Galicia ante o reparto das cotas pesqueiras para o próximo ano. A pesar do incremento nalgunhas especies como a pescada, hai sectores que resultarán moi prexudicados. É o caso do cerco que só poderá realizar capturas accidentais de xurelo.
A Conselleira do Mar cualificou de mal acordo o reparto dos TAC para o próximo ano xa que algúns segmentos da flota resultarán moi prexudicados. É o caso do arrastre e especialmente do cerco, que a pesar de esquivar o peche total do xurelo, tan só poderá capturalo de xeito accesorio
Con respecto á anguía, a comisión aplicou unha veda de seis meses a pesar do bo estado do recurso en Galicia regulado dende hai case dúas décadas por plans de explotación que promoven a pesca responsable.
Serán outras especies as que suporán un respiro para a flota galega como a pescada que duplica as posibilidades de pesca do presente ano,o linguado, o rape ou o abadexo.