O Concello de Pontevedra está a negociar a compra do convento de Santa Clara

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou hoxe unha das maiores operacións urbanísticas da historia da cidade. O goberno local está negociando a compra do convento de Santa Clara. Unhas instalacións que foron pechadas no ano 2017 e que poderían converterse agora nun espazo aberto á cidadanía.

O Convento de Santa Clara pechou as súas portas no ano 2017 e, dende entón, o Concello de Pontevedra sempre mostrou o seu interese en adquirilo. Durante estes anos, esta opción parecía non ser de todo viable pero a situación mudou nos últimos meses. O edil de Patrimonio Histórico anunciou hoxe que o goberno local está a negociar a súa compra.

O convento de Santa Clara conta cunha superficie de máis de 12.000 metros cadrados e o inmoble é protexido e catalogado como un Ben de Interese Cultural. Xustamente por iso será complicado levar a cabo algunhas obras no seu interior. Nos próximos días, os técnicos municipais visitarán estas instalacións para comprobar de primeira man o seu estado.

Segundo informou hoxe Xaquín Moreda aínda non hai ningunha oferta económica sobre a mesa pero, polo de agora, o Concello é o único interlocutor.

O Concello seguirá negociando a compra deste convento nos vindeiros meses co obxectivo de poder abrir canto antes este espazo á todos os pontevedreses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí