O BNG pide responsabilidades á Xunta pola sentenza que obriga a restituír ao xefe de Neumoloxía do CHOP

PONTEVEDRA> O deputado do BNG, Luís Bará, compareceu hoxe en rolda de prensa para manifestar a súa opinión sobre as últimas sentenzas condenatorias á Xunta de Galicia. O nacionalista analizou tamén a xestión actual da pandemia por parte da administración autonómica e denunciou o maltrato que está a sufrir o persoal sanitario.

Luís Bará pide responsabilidades á Xunta de Galicia tras coñecer a sentenza que obriga ao Sergas a restituír a Enrique Temes como xefe do servizo de Neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Posto do que foi cesado o 15 de maio de 2019.

O nacionalista mostrou tamén hoxe a súa preocupación ante o incremento de contaxios nos hospitais. Bará cre que é fundamental revisar os protocolos marcados pola Xunta de Galicia, así como tamén realizar cribados masivos.

Por outra banda, o deputado do BNG denunciou o maltrato que está a sufrir o persoal sanitario por parte do Sergas. Ademais, Bará pediu volver á atención presencial no servizo de Atención Primaria e aproveitou para analizar tamén a situación actual das residencias.

A nivel social e económico, o deputado do BNG anunciou hoxe unha nova proposta que será trasladada ao Parlamento galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí