PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia realizará unha rehabilitación integral no IES Valle Inclán. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Educación nunha visita ao centro pontevedrés. O proxecto poñerase en marcha este mesmo ano e contará cun investimento de máis de 2,5 millóns de euros.
A Xunta de Galicia iniciará este mesmo ano a rehabilitación integral do IES Valle Inclán. O proxecto contará cun investimento de máis de 2,5 millóns de euros. Dos cales, 600.000 euros xa están consignados nos orzamentos deste 2021.
A rehabilitación integral inclúe actuacións tanto na estrutura como nas cubertas do instituto. Unhas obras necesarias nun dos edificios máis significativos da cidade do Lérez.
As obras están enmarcadas dentro do paquete inversor en infraestruturas da Xunta de Galicia de máis de 61 millóns de euros. O obxectivo da administración autonómica é poñer en marcha esta actuación o máis rápido posible.