Festas, alcol e timbas de póker: precintado un local en Vilagarcía que se saltaba o toque de queda

VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía precinta un local clandestino no que supostamente se estaban a realizar festas ilegais, se vendían e consumían bebidas alcohólicas e se celebraban timbas de póker.

O caso saltou á luz grazas a que a Policía Local detectou na noite do pasado sábado a 3 persoas ás portas deste local de montaxes eléctricos, coa reixa medio aberta, saltándose o toque de queda.

Os axentes, nun principio, sospeitaron que podería tratarse dun roubo. Ó baixarse do coche, dúas delas escaparon pasando a gatas por debaixo da verxa para esconderse no interior do local.

Tras interceptar ao terceiro, solicitaron a presenza doutra patrulla para acceder ao local. Ao facelo atopáronse a cinco persoas dentro, unha das cales dicía ser o arrendatario do baixo e que o utilizaba para reunirse con amigos.

Nas inspeccións, atoparon refrescos e bebidas alcólicas, unha mesa de póker e unha caixa con fichas deste xogo; unha máquina comecartos e ata un sistema de vixilancia interior dotado con varias cámaras cuxas imaxes se monitorizaban a través dun ordenador.

A Policía tamén atopou unha bolsa con marihuana.