PONTEVEDRA> Neste 25N a xornalista Sara Vila foi a encargada de ler o manifesto institucional do Concello de Pontevedra. No seu discurso, Vila resaltou o papel da educación para prever todo tipo de actitudes machistas. Ademais, a xornalista de Diario de Pontevedra fixo fincapé na importancia de que os homes se involucren tamén para loitar contra esta lacra.
Así comezou o manifesto institucional do Día da Eliminación da Violencia Contra a Muller. Un discurso no que a xornalista Sara Vila se converteu no altofalante de todas as mulleres e no que reivindicou algo tan sinxelo como o seu dereito a vivir.
Dous foron os piares fundamentais deste manifesto. Por unha banda, a importancia da educación para previr comportamentos machistas na nosa sociedade. Por outro lado, a necesidade de que todos os homes se involucren para loitar contra esta lacra.
“Queremos vivir en paz”, ese foi o grito principal deste 25N. Pero para conseguilo é esencial tamén a implicación e o compromiso de todas as administracións.
Neste 25N non houbo minutos de silencio e as rúas tampouco se encheron de xente pedindo a Eliminación da Violencia Contra a Muller, pero con este manifesto Sara Vila quixo deixar claro que todos os pontevedreses deben estar unidos para poñer fin á violencia machista.