O Ateneo de Pontevedra homenaxeará este venres a vida e traxectoria de Javier Albatros

PONTEVEDRA> Pontevedra prepárase para homenaxear a vida de Javier Albatros. Pintor, músico, fotógrafo ou hostaleiro foron algunhas das facetas deste pontevedrés que faleceu a mediados do mes de xaneiro. Os seus amigos recordarano este venres no café Bizarro, cun coloquio sobre a súa vida,a proxección dun pequeno documental e a actuación da banda Black Stones.

No mes de xaneiro, Pontevedra despedía a Javier Albatros. Pintor, músico, fotógrafo. Na súa vida tocou diferentes paus artísticos, sempre preocupado por facer que a súa cidade entrara na modernidade.

Esta modernidade trasladouna á súa faceta empresarial. Nos 70 abriu o Pub Albatros, que moi pronto se converteu nun punto de intercambio xeracional.

Agora os seus amigos homenaxearán a súa vida. Será este venres a partires das 8 da tarde no Café Bizarro, a cafetería do Club Náutico de Pontevedra.

Ademais, está prevista a proxección dun pequeno documental sobre a súa vida e a actuación da banda pontevedresa Black Stones.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí