O CIDES de Pontevedra atende a 33 usuarios durante o primeiro semestre de funcionamento

PONTEVEDRA> O Centro de Información sobre Diversidade e Sexualidade de Pontevedra atendeu a 33 usuarios durante os seus primeiros seis meses de funcionamento. A meirande parte deles precisaban dunha orientación persoal sobre identidade e tiñas dúbidas sobre tratamentos hormonais e cuestións xurídicas.

O Centro de Información sobre Diversidade e Sexualidade de Pontevedra abriu as súas portas só uns días antes de que se decretase o estado de alarma no mes de marzo. Por iso, a súa traxectoria nestes seis meses estivo marcada pola evolución da pandemia e a meirande parte dos usuarios foron atendidos vía telemática.

Unha gran parte dos usuarios que se puxeron en contacto co CIDES ao longo destes seis meses precisaban dunha orientación persoal sobre identidade. Ademais, moitos deles pediron consellos para saír do armario, sobre tratamentos hormonais ou sobre cuestións xurídicas. O que máis dúbidas xerou foi a realidade trans.

A coordinadora do CIDES constatou nestes seis meses de traballo que moitos dos pontevedreses non se atreven a preguntar e pedir información sobre diversidade e sexualidade. Por iso, Ada Otero fixo hoxe un chamamento á cidadanía.

Todos os que queiran poñerse en contacto co Centro de Información sobre Diversidade e Sexualidade poden facelo a través das redes sociais, no correo electrónico cidespontevedra@gmail.com ou ben no teléfono 676 097 339.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí