Os hostaleiros, ao bordo da ruína: “Queremos trabajar, tenemos el mismo derecho que los demás”

PONTEVEDRA> Medio centenar de persoas manifestáronse hoxe na Boa Vila. Os hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín volveron a unirse esta mañá para facer chegar o seu malestar as diferentes administracións o seu malestar. O sector esixe máis axudas económicas, así como a exoneración de taxas municipais.

As rúas de Pontevedra enchéronse hoxe de centos de persoas ligadas ao sector da hostalería. Traballadores, comerciantes e autónomos que querían facer chegar ás diferentes administracións o seu malestar polas medidas antiCovid adoptadas ata o de agora. Os hostaleiros aseguran estar afogados, asfixiados e ao borde da ruína.

A marcha arrancou xunto á delegación da Xunta en Pontevedra e concluíu na praza de España. No traxecto, os hostaleiros paráronse diante do Concello, da Deputación e da Subdelegación para esixir máis axudas económicas, así como a creación dun ERTE único. A nivel local, os afectados pediron a a exoneración de taxas municipais.

Con esta multitudinaria manifestación, os hostaleiros, ambulantes, comerciantes e autónomos de diferentes sectores quixeron deixar claro que eles non son o problema.

Os hostaleiros aseguran que seguirán manifestándose ata que as administracións escoiten as súas demandas e lles deixen volver a traballar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí