Rafa Domínguez advirte do impacto que tería en Pontevedra o peche de Ence: “va a ser dramático”

PONTEVEDRA> O presidente do PP de Pontevedra analizou hoxe o impacto que tería para a cidade o peche de Ence. Rafa Domínguez pediu aos traballadores da fábrica que se preparen para o peor e foi tamén moi crítico coa actitude do alcalde da Boa Vila.

O peche de Ence sería un “golpe devastador” para Pontevedra e xeraría unha situación dramática a todos os niveis. Esa é a valoración de Rafa Domínguez sobre o posible peche da pasteira.  O presidente do PP na cidade asegura que a cidade do Lérez está a punto de converterse no novo Ferrol e pide a todos os traballadores da fábrica que se preparen para o peor.

Para Rafa Domínguez hai dous claros culpables da situación que está atravesando a pasteira de Lourizán. Por unha banda, o PSOE e, por outra, o alcalde de Pontevedra.

O PP levará ao vindeiro Pleno municipal unha moción en apoio a todos os traballadores de Ence.