A ILLA> O único concello do Salnés que elude as restricións é o da Illa de Arousa. Na vila insular mantéñense as normas anti covid como o toque de queda e os límites de ocupación pero si poden manter aberta a hostalería. Dende o concello piden á xente que non se relaxe e a veciñanza lamenta non poder achegarse a concellos próximos como Vilanova, Cambados ou Vilagarcía.
Os bares e as terrazas abertas. Unha imaxe única na comarca do Salnés é que só pode verse na Illa de Arousa. O concello insular mantén unha baixa incidencia de contaxios con 7 casos activos e elude as restricións.
Para a veciñanza é unha sorte a pouca incidencia do virus na vila pero lamenta non poder moverse aos municipios próximos como Vilanova, Cambados ou Vilagarcía.
O que si agradece a veciñanza da Illa é poder ter aberta a hostalería.
O que non falla na Illa e seu humor á hora de buscar unha explicación para a pouca incidencia do virus no municipio.
A pesar dos bos datos, dene o concello piden á veciñanza que non se relaxe, que teñan en conta que a situación na comarca é moi preocupante e que extremen todas as medidas para evitar que os casos vaian a máis.