José Flores asume a xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

PONTEVEDRA> José Ramón Gómez deixa a xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Será substituído por José Flores, que ata o de agora ocupaba a xerencia do Servizo Galego de Saúde. Os cambios foron anunciados esta mañá pola Consellería de Sanidade e confirmados polo Consello da Xunta. Flores chega á área sanitaria nun momento moi difícil, con importantes problemas en centros de saúde, PACs e servizos de urxencias.

José Flores xa é o novo xerente da área sanitarida de Pontevedra e O Salnés. Esta mañá o Servizo Galego de Saúde comunicaba a súa designación, que confirmaba o presidente da Xunta tralo Consello.

Flores, que ata o de agora ocupaba a xerencia do Sergas, chega para substituír a José Ramón Gómez. Despois de cinco anos no cargo, a súa xestión estaba a ser duramente criticada por profesionais, sindicatos, concellos e usuarios.

José Flores, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse como médico interno nesta área sanitaria. Tamén traballou nas urxencias de Montecelo e O Salnés e como xefe da base medicalizada do 061, onde mantén a súa praza base. Agora regresa A Pontevedra e O Salnés nun momento complicado, con importantes problemas en Atención Primaria, PACs e urxencias hospitalarias.

Esta semana, Flores mantivo un encontro con representantes de cinco sindicatos médicos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Reunión na que xa lles adiantara que habería cambios na xerencia.

Agora José Flores nomeará ao seu propio equipo directivo. Esta mañá xa presentou a súa dimisión a directora asistencial da área, Sonia Fernández-Arruti. Ademais, o consello da Xunta xa designou á nova xerente do Sergas. Será Estrella López Pardo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí