Medio ambiente, infraestruturas e cultura, os tres piares das emendas do BNG aos orzamentos da Xunta

PONTEVEDRA> O BNG presentou hoxe as súas emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia. O deputado pontevedrés, Luís Bará, anunciou cada unha das propostas dos nacionalistas. Unhas propostas valoradas en 20 millóns de euros e que se basean en tres piares: medio ambiente, infraestruturas e cultura.

Luís Bará presentou hoxe as emendas que o BNG presentará aos orzamentos da Xunta de Galicia. Unhas emendas valoradas nuns 20 millóns de euros e enmarcadas dentro do Concello de Pontevedra. As propostas están baseadas en tres grandes piares, o primeiro, o medio ambiente.

O segundo piar destas emendas son as infraestruturas. Neste eido, os nacionalistas pedirán tres actuacións. A primeira, a mellora da seguridade viaria na PO-542, o vial que comunica O Pino con Bora. A segunda proposta céntrase no núcleo de centralidade parroquial de Lérez e, por último, o BNG pedirá á Xunta a reforma integral da estrada vella de Marín.

En último lugar, o BNG presentará dúas emendas enmarcadas na cultura. Os nacionalistas pedirán a colaboración da Xunta de Galicia na rehabilitación integral dos edificios Castro Sampedro e García Flórez, así como tamén, na construción do novo edificio de arqueoloxía do Museo de Pontevedra.

Os nacionalistas non se queren esquecer tampouco da sanidade pública. Por iso, o BNG presentará tamén emendas referidas a abordar os efectos socioeconómicos da crise da Covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí