Pontevedra prepara as Festas de Verán coas restricións do ano pasado como punto de partida

PONTEVEDRA> Pontevedra xa pensa nas festas do verán. O concello está a programar as actividades partindo do escenario máis desfavorable, aplicando as mesmas  restricións de capacidade que o ano pasado. Iso si, non desbotan facer cambios se a situación mellora. Ademais, o goberno local adiantará o comezo da programación ao mes de xuño, para desenvolver máis actividades que o ano pasado.

Pontevedra tampouco renunciará este ano ás Festas de Verán. O concello xa traballa na programación para esta época partindo da fórmula do ano pasado, cando se celebraron máis de 300 actividades sen sobresaltos.

Para compensar as limitacións de público, o goberno local ten previsto iniciar antes a programación. Así, moitas propostas desenvolverase xa en xuño, un mes antes do habitual. Ademais, volverán apostar polo sector cultural galego.

Ao igual que o ano pasado, as actividades serán descentralizadas. Aos escenarios da praza de España, Alameda e Ferrería sumaranse outros como as pistas de Campolongo, A Parda ou Os Gafos. En canto ás atraccións, polo de momento terán que agardar.

Silva tamén foi prudente sobre a edición deste ano da Feira Franca. A edil explicou que aínda é cedo para avanzar que sucederá, xa que as condicións epidemiolóxicas do mes de setembro poden ser moi diferentes ás actuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí