Gala Pontevedreses: o recoñecemento á traxectoria excepcional de seis veciños

PONTEVEDRA> Pontevedra acolleu onte a súa tradicional gala dos Premios Pontevedreses, unha cita que organiza o Diario de Pontevedra. Con eles, recoñecen a seis veciños ilustres con traxectorias exemplares. Este ano os galardóns recaeron na Funeraria San Marcos, no triatleta Pablo Dapena, na Asociación Astronómica Sirio, no Cineclub Pontevedra, no doutor Javier Cabo e na arquitecta Teresa Táboas, que recolleu o premio de honra.

Ante un auditorio de Abanca completo, Diario de Pontevedra entregou un ano máis os seus Premios Pontevedreses.

Os premiados foron seis pontevedreses recoñecidos pola súa traxectoria. No eido do deporte, foi o triatleta Pablo Dapena. A Asociación Astronómica Sirio foi galardoada polo seu labor social. Do mundo da cultura, o Cineclube Pontevedra, mentres que o doutor Javier Cabo foi recoñecido na categoría de investigación, ciencia e universidade. Dentro do mundo empresarial, a empresa premiada foi Funeraria San Marcos.

Houbo un sexto premio, o honorífico. Que este ano recaeu na arquitecta pontevedresa Teresa Táboas.

Ademais do alcalde e do presidente da Xunta, estiveron tamén no acto o máximo responsable da Deputación de Pontevedra, Luis López, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices ou a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, entre outros.