Rosa Lede recolle no seu novo libro a documentación histórica de San Lorenzo de Nogueira de Meis dende o século XIV

MEIS> O concello de Meis e a escritora Rosa María Lede presentan o libro Documentación histórica de San Lorenzo de Nogueira. Unha obra que recolle a historia desta parroquia meisina dende mediados do século catorce.

Os veciños da parroquia de San Lorenzo de Nogueira de Meis xa poñen coñecer unha parte importante da súa historia. Poden facelo gracias a Rosa María Lede, unha escritora que dende o ano 2003 recompilou todos os arquivos históricos da parroquia para reunilos no seu novo libro.

O libro contén documentación da parroquia dende o século XIV. A obra recolle monumentos históricos da vila como a mámoa de San Lorenzo, o mosteiro de Chorente ou o cruceiro da Brea.

Na edición deste libro participaron o concello, a deputación e a comunidade de montes de San Lourenzo. Dende o goberno local destacaron a importancia para a parroquia desta obra.

Polo de agora publicáronse 500 exemplares que están a disposición dos interesados de forma gratuíta. Para conseguilo pode pedirse na comunidade de montes de San Lorenzo ou na biblioteca municipal. A obra terá unha segunda parte cun novo libro no que a escritora recompilará todas as testemuñas dos veciños entrevistados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí