A Deputación de Pontevedra crea unha rede de acción institucional para a recuperación do espazo público nos concellos

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra crea unha rede de acción institucional para fomenta-la recuperación do espazo público nos concellos. A iniciativa conta cun decálogo de dez puntos para promove-la mobilidade inclusiva e a creación de zonas de sociabilización seguras e saudables. A proposta foi presentada esta mañá a 44 concellos da provincia a través dunha videoconferencia.

Ante a nova realidade á que se enfronta a sociedade, a Deputación de Pontevedra quere que os concellos recuperen o seu espazo público. O ente provincial acaba de crear unha rede de accións institucional para poñer en valor os lugares de sociabilización.

Eses principios baséanse en que o espazo público é un dereito no que por riba de todo están as persoas. Tamén busca a promoción da mobilidade inclusiva, a autonomía infantil e a creación de espazos seguros, saudables, amables e de calidade.

Para o vicepresidente provicial, a nova realidade cara a que camiñamos, na que debe prima-la distancia social, evidencia a necesidade de muda-lo espazo público.

A proposta foi presentada esta mañá a través dunha reunión telemática na que participaron 44 dos 61 concellos da provincia.