O alumnado do Conservatorio de Pontevedra continúa facendo música con estas “murgas confinadas”

PONTEVEDRA> Dende que comezou este confinamento, as profesoras de Linguaxe Musical do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, Manoli e Iria, puxeron en marcha nas redes sociais a iniciativa “Eu fago música na casa”.

O último reto que lanzaron a todas as familias foi “murgas confinadas”. Os estudantes debían elixir unha melodía do repertorio de música clásica e asignarlle unha letra divertida e adaptada aos tempos actuais. Un reto que nos deixa vídeos coma estes reflexo do que estamos a vivir nestes días de confinamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí